Quen somos?

Ciencia Activa, ESO é!
É un blog de alumnos de secundaria que forma parte do proxecto Ciencia Activa do Colexio Padre Feijoo- Zorelle. Os contribuíntes que publican os post no blog son alumnos de ESO, supervisados pola profesora Beatriz Temes, coordinadora de Ciencia Activa.

O blog recolle traballos dos alumnos de secundaria do colexio que participan no canal de podcast e no canal TV en streaming, así coma noutros proxectos de Ciencia Activa do colexio coma: Microrrelatos científicos, Aventuras Científicas, Coñecendo ao ADN, Colaboracións Postcrossing, #ArtCienciaActiva, Coach Kids-Ciencia Activa, Semana da Ciencia ou Novos profes-pequenos científicos.

O blog é unha moi boa plataforma para mostrar os traballos dos alumnos que se propoñen dende Ciencia Activa, proxecto co que se pretende unha metodoloxía na ensinanza das ciencias baseada nun aprendizaxe por tarefas. 
É unha boa ferramenta para publicar os traballos feitos polos alumnos coma vídeos, infografías, crucigramas, presentacións. 

Destacamos o uso de diferentes ferramentas 2.0 co fin de desenvolver unha aprendizaxe máis activa e participativa, na que sexan os estudiantes os que se acheguen ao coñecemento por eles mesmos. O feito de que todos os contidos se comparten na rede é unha motivación adicional para @s alumn@s para traballar nel.


Ciencia Activa é un proxecto da materia de bioloxía e xeoloxía na ESO e Bac do Colexio Padre Feijoo- Zorelle, basado nunha aprendizaxe activa! 
Os estudiantes son os verdadeiros protagonistas da aprendizaxe, nesta presentación vemos resumida a esencia do proxecto: 


No hay comentarios:

Publicar un comentario