domingo, 22 de abril de 2018

Teatro e Ciencia no V Festival do Libro!

Dende Proxecto Ciencia Activa unha nova edición de "Aventuras Científicas" este ano: Amistades de Ciencia que cambiaron o mundo. En pleno Festival do Libro preparámonos para representar as curtas representacións teatrais, un verdadeiro traballo en equipo!
Os skechts teatrais deseñados polo alumnado de BAC de Ciencias da Terra, e interpretados por estudiantes de ESO e BAC de Bioloxía e xeoloxía, coa creación de dúas cancións e dous bailes para presentar este teatro de ciencia. Canta creatividade!
Deixamos o programa para organizar mellor a representación de "Aventuras científicas" neste V Festival do Libro do colexio Padre Feijoo Zorelle.

martes, 3 de abril de 2018

Buratos de verme artificiais?

Desde que os descubrimos, a humanidade soñamos e especulamos con saber máis sobre os buratos de verme, con saber porqué aparecen, onde levan, que conectan... Como vimos en recentes películas e series modernas como Interstellar ou Star Trek, estes túneles cósmicos conectan diferentes partes do universo.

Resultado de imagen de agujeros de gusano sin derechos de autor

Para xeralos, habería que manipular a enerxía gravitacional, que ninguén sabe aínda como xerar. Con todo, o electromagnetismo está a facer que varios investigadores propuxesen varios deseños para logralo. 
 O buraco de verme experimental creado polos estudantes da Universidade AAutónoma de Barcelona é unha esfera feita de varias capas: unha externa ferromagnética, unha segunda capa no interior dun material superconductor, e unha peza ferromagnética enrolada en forma de cilindro que cruza de extremo a extremo. a esfera, en termos magnéticos é invisible, indetectable desde o exterior.
 Isto, en principio serviría para diferentes aplicacións, como en medicina, por exemplo obtendo imaxes de resonancia magnética de diferentes partes do corpo simultaneamente. Sen dúbida, un soño non moi afastado para cumprirse!