sábado, 28 de noviembre de 2015

Fósil mamífero que conviviu cos dinosaurios!


Chamase Spinolestes e foi descuberto por un equipo de investigadores españois, é un fosil dun mamífero de fai 125 millóns de anos que se atopou no xacemento de las hoyas (Cuenca). Parecido a un roedor e co tamaño dun rato, debido a o seu bo estado puidose analizar ata o seu pelaxe.
Ningún tecido brando pasara dos 60 anos de consevación e este especime duplica a idade, o que deixa ver que non só os osos se conservan durante tanto tempo se están nunhas características óptimas.
O nome de Spinolestes ven dunhas pequeñas espiñas que tiña o roedor na parte posterior do corpo, ademáis a pel do lombo estaba recoberta dunhas pequeñas escamas.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Unha posible fonte de novos antibióticos e antitumorais: Nas bacterias da auga da choiva!


Un grupo multidisciplinar de investigadores da Universidade de Oviedo, en colaboración con especialistas do Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA), do Hospital de Cabueñes e do Centro de Experimentación Pesqueira do Principado de Asturias xunto a científicos da Universidade de Tübingen (Alemaña) descubriron a presenza de bacterias (actinobacterias) cun forte potencial farmacolóxico, na auga de choiva. Especialmente das especies do xénero «Streptomyces».

Como explicou a investigadora Gloria Branco, a maioría dos antitumorais e antibióticos proveñen da natureza. De aí a relevancia desta nova fonte de illamento de bacterias ante o crecente número de patóxenos resistentes aos fármacos de uso clínico. Branco explicou que comezaron a traballar no illamento de bacterias do xénero «Streptomyces» en 2007 a través de líquenes terrestres, para pasar tres anos máis tarde a achalas en ecosistemas de algas nas praias de Gijón ou en medios mariños máis profundos como o Canón de Avilés, a profundidades abisais de 4.700 metros. Posteriormente comezaron a illar as primeiras actinobacterias nas choivas, na saraiba e na neve.

«Despois de ser descubertas durante o século pasado atoparonse en chans e logo asociadas a plantas ou seres vivos e a outros seres vivos como plantas e animais, e agora estámolas atopando na atmosfera», lembrou esta investigadora quen sostén que hai un certo renacemento académico nesta materia.

A presenza das actinobacterias na choiva ten un valor ecolóxico engadido, xa que «todo apunta a que a maioría destas bacterias proceden do océano» Nesta liña, este equipo multidisciplinar propuso un «ciclo ecolóxico», un modelo de diseminación deste tipo de bacterias por terra, mar e aire, seguindo o ciclo hidrolóxico do planeta.




Aerosois mariños

Para este grupo de científicos o punto crave da súa hipótese estaría na xeración dos aerosois mariños que forman as nubes e que, neste proceso, levan consigo bacterias que coas precipitacións serán posteriormente esparcidas polos continentes e océanos da Terra. Neste sentido, Branco apuntou que dalgunha forma as bacterías están presentes, e que «polo ciclo que propoñemos, esas microgotas de choiva serían un auténtico microcosmos».Estes traballos foron recentemente publicados na revista «Microbial Ecology».

miércoles, 14 de octubre de 2015

Para que nos serve durmir?

Autor: Peasap
                                                      Para que lle serve ao ser humán durmir?
Ainda que quedan numerosos interrogantes, sabemos que o sono está asociado con funcións inmunes, endocrinas, de aprendizaxe e memoria.
O sono melloraría a supervivencia mediante a optimización dos tempos de actividade e ocio, ademáis de permitir manter o cerebro áxil!
Antes do invento da eletricidade, as persoas durmían unhas tres horas máis que en condición actuais, agora a tecnoloxía en moitas ocasións altera os nosos hábitos de sono.
Non todos temos o mesmo reloxo biolóxico. E así que existe un porcentaxe de homes e mulleres que se clasifican como "alondras" ou "amantes da mañá" e outro como "búhos" ou "amantes da noite". Algúns neurocientíficos aseguran que é importante descubrir a que grupo cronobiolóxico pertence cada persoa e así adaptar seus horarios de traballo a seu patrón de soño natural.
O noso cerebro sempre está funcionando e tamén cado durmimos! 

A importancia de durmir, o funcionamento do noso cerebro durante o sono, e as vantaxes dun sono reparador explícano Gema, Raúl e Carlos de 2º da ESO no seguinte podcast, tan interesante non o deixes de escoitar!

martes, 6 de octubre de 2015

Auga líquida en Marte?

A Axencia Espacial dos Estados Unidos (NASA) confirmou que se encontraron as probas mais sólidas da existencia da auga líquida na superficie de Marte, un descubrimento que se califica como fascinante. Tres científicos aseguran que as probas recollidas por o Mars Reconnaissance Orbiter, demostran que as raias oscuras que aparecen por temporadas na superficie de Marte corresponden a agua solule que fluye pola superficie marciana!
Os científicos de NASA xa determinaran que Marte tivo un océano fai uns 4500 millóns de anos que ocupou un 19% do planeta, e que podría esconder baixo a súa superfície un depósito de auga ou de xeo.
video



National Geographic

O Nobel de Mediciña 2015 premia terapias contra a malaria e outros parasitos!

O irlandés Willian Campbell, o xaponés Satoshi Omura e a china Tu Youyou reciben o galardón por desarrollar tratamentos contras estas enfermidades, son os premiados que comparten o premio Nobel de Mediciña nun 50%.
Campbell y Omura descubriron a avermectina, cuxos derivados reduciron drásticamente a incidencia da filariasis linfática (elefantiasis) e a oncocercosis. Youyou descubriu a artemisinina, un composto que permitiu salvar a vida a millones de infectados pola malaria, tamén unha enfermidade parasitaria. Destacar que só un 3% dos premios de ciencia foron otorgados a mulleres, noraboa aos tres galardonados!

No seguinte audio Lucía, Ana y Baty comentan a nova en profundidade, non deixedes de escoitalo!

sábado, 26 de septiembre de 2015

Eclipse total e superlúa!

Na madrugada do próximo luns 28 de setembro terá lugar unha eclipse lunar acompañado dunha superlúa, ambos fenómenos son pouco frecuentes, de xeito que dende 1900 só se produciron en  cinco ocasións: no 1902,1928,1946, 1964 e 1982.


Superlúa
O primeiro dos fenómenos, o de superlúa prodúcese cando unha Lúa chea está a unha distancia mínima da Terra. Neste momento a Lúa é un 14% maior do habitual e un 30% máis brillante. Este fenómeno, faise moito máis notable cando vemos ao noso satélite aparecer polo horizonte e podemos tomar referencias como edificios, montañas, árbores, etc. Unha vez alta no ceo, é difícil diferenciar o seu tamaño maior, ca o doutras lúas normais.
Isto ocorre porque a distancia da Lúa á Terra varía constantemente, xa que a Lúa non ten unha órbita circular, senón elíptica de tal forma que na súa máxima distancia ao noso planeta chega a alcanzar o 406.700 km e a mínima é de 356.400 km. Isto fai que en ocasións a Lúa vexámola máis grande ou máis pequena. No caso desta eclipse, a Lúa estará a 363.700 km da Terra. Teremos que esperar ata o ano 2033 para ver outra eclipse de Lúa con superlúa!

Eclipse total
O segundo dos fenómenos, o da eclipse total, ocorre cando se produce unha perfecta aliñación entre o Sol, a Terra e a Lúa, o noso planeta proxecta no espazo unha sombra e unha penumbra (unha sombra menos escura) ao seu redor, pola que a Lúa ten que pasar no seu movemento orbital ao redor do noso planeta.
A sombra, que é o lugar onde comeza a desaparecer a Lúa, xa que a penumbra é demasiado clara para percibir a ollo espido como mingua a luz do noso satélite, ocupa unha gran extensión do ceo, dun 9.200 km. A nosa Lúa con todo mide 3.476 km de diámetro, polo que a sombra é unhas 2,65 veces maior que a Lúa. Isto sumado a que a Lúa viaxa ao redor da Terra a unha velocidade media de 3.683 km/h, fai que o paso pola sombra do noso satélite sexa prolongado no tempo, no caso que nos ocupa e debido a que a Lúa non pasa polo centro da sombra, a fase da totalidade durará 1 hora e 12 minutos, mentres que o paso pola penumbra será de 3 horas e 20 minutos.

Eclipse con superlúa
A eclipse total de Lúa do 28 de setembro é o segundo de 2015 e o último da unha tétrada (4 eclipses de totais de Lúa) que comezou o 15 de abril de 2014 e que continuou coa eclipse do 8 de outubro do mesmo ano e co do 4 de abril de 2015.



miércoles, 23 de septiembre de 2015

Celébrase a primeira feira de drones en España!

 Os próximos 24 e 25 de setembro na Feira de Zaragoza "Expodrónica" a primeira feira internacional de drones civís que se celebra en España.  Coa participación de setenta expositores de países como China, Estados Unidos, Suecia, Francia, Suiza, Bélgica, Reino Unido e sobre todo España.
 España está experimentando un forte crecemento no mercado dos drones civís. . Desenvolverase nun sitio con amplas medidas de seguridade! Espazos completamente valados e con mallas. Con motivo de extremar as medidas de seguridade á entrada que é gratuita, estará prohibida aos menores de 16 anos.
Os drones teñen actualmente moitas utilidades coma control de incendios, cosechas, concertos, transporte de tecidos... E cada vez atópanse mais aplicacións pero non son xoguetes! É preciso cumplir as normas e lexislacións que regulan o seu uso!


martes, 15 de septiembre de 2015

Benvidos a "Ciencia Activa, ESO é!"

 Ciencia Activa, ESO é!                      
É un blog de alumnos de secundaria no que os contribuíntes que publican os post son os alumnos de 3º e 4º de secundaria que de xeito voluntario xestionan as entradas do blog coordinados pola profesora de bioloxía e xeoloxía.

O blog recollerá participacións dos alumnos de toda a ESO do colexio, nas materias de ciencias naturais e bioloxía e xeoloxía, que participan no canal de podcast do blog e no canal TV en streaming, dirixidos polos seus profes de ciencias, así coma noutros proxectos de Ciencia Activa do colexio coma: 
 Microrrelatos científicos, Aventuras Científicas, Coñecendo ao ADN, Colaboracións Postcrossing, #ArtCienciaActiva, Coach Kids-CienciaActiva, Semana da Ciencia ou Novos profes- pequenos científicos.

O blog de alumnos é unha plataforma para mostrar os traballos dos alumnos na área das ciencias. O blog tamén é un instrumento a través do que o profesorado proporá tarefas aos alumnos/as. Destacaremos o uso de diferentes ferramentas 2.0 co fin de desenvolver unha aprendizaxe mais activa e participativa, na que sexan os estudiantes os que se acheguen ao coñecemento por eles mesmos.
 É unha boa ferramenta para publicar os traballos feitos polos alumnos coma vídeos, infografías, crucigramas, presentacións, que explican aos compañeiros a través das pizarras dixitais na aula.
Ciencia Activa é unha fiestra dende as clases de ciencias e bioloxía ó resto da comunidade educativa, pais, profesores e outros alumnos do Centro. O feito de estar presente o enlace do blog e do canal de ivoox, na web e redes sociais do Colexio, tamén  motiva ós alumnos a traballar nel.
Desexamos con este proxecto fomentar o traballo en equipo, así como participar de xeito cooperativo con outros proxectos do Centro, e aumentar as inquietudes polo aprendizaxe, a creatividade e a curiosidade de tod@s.
Ánimo e a investigar!